Sobre visibilidad de las mujeres


Dice

Uxía Casal Silva

Uxia Casal, foto de Ana Figueiredo

Uxia Casal, foto de Ana Figueiredo

Entre 1974 e 1979 estudei Xeografía e Historia e especialiceime en Arte Moderna e Contemporánea.

Durante eses cinco anos só se nomeou de pasada unha muller artista: Artemisia Gentileschi. Tan de pasada foi, que semellaba unha anécdota ou unha rareza no amplísimo mundo artístico. A principios dos 1990 comecei a asistir aos primeiros cursos de coeducación que se celebraron en Ourense e alí, da man dunha historiadora e investigadora de arte catalá, foi onde descubrín unha cantidade de pintoras e escultoras que non sospeitaba que existiran. Tiña noticia dalgunhas, moi poucas, pero xamais imaxinei a inmensidade delas que permanecían agochadas nun anonimato inmerecido, e que agora vou descubrindo devagar grazas ás páxinas de arte que frecuento.

Ocorreume algo semellante cando estudei Filoloxía Hispánica, entre 1979 e 1984, pois nos programas non figuraba ningunha filóloga nin ningunha escritora, agás Rosalía, claro, e Tareixa de Xesús, ás que só se aludía. Cóidome afortunada por vivir nunha época que se abre á historia da arte, da literatura e demais disciplinas e intenta reivindicar o valor das esquecidas ou das ocultadas.

Por sorte, agora hai bastante material dispoñible en ambas as dúas facetas e, malia que todo se pode mellorar, resulta marabilloso saber da súa existencia. Tamén resulta marabilloso (se cadra, aínda máis) saber que houbo astrónomas, biólogas, zoológas, botánicas, matemáticas, deportistas, científicas, músicas, fotógrafas e un longo etcétera de expertas en materias que ata non hai moito semellaban exclusivas dos homes.

A explicación -seino agora- está nunha civilización que non concedía importancia ningunha ás achegas das mulleres en ningún campo, cegada por un xeito de ver a vida nada obxectivo e si moi sexista. Cando era noviña esas inxustizas facíanme ferver de carraxe; co paso do tempo funme decatando de que os cambios sociais son moi lentos, tanto, que pensei que os meus ollos non chegarían a ver o comezo da fin desa tremenda discriminación histórica. Ignoro se estou vivindo ese momento, mais síntome feliz por ir descubrindo pasiño a pasiño que outro mundo é posible. Pese a quen lle pese.

________________

Entre 1974 y 1979 estudié Geografía e Historia y me especialicé en Arte Moderno y Contemporáneo.

Durante esos cinco años, solo una artista femenina fue nombrada de tiempos pasados: Artemisia Gentileschi. Tanto es así que parecía una anécdota o una rareza en el vasto mundo del arte.

A principios de la década de los 90 comencé a asistir a los primeros cursos de coeducación realizados en Orense y allí, de la mano de una historiadora e investigadora del arte catalán, descubrí una serie de pintoras y escultoras de las que no sospechaba que existieran. Había oído hablar de unas pocas, muy pocas, pero nunca imaginé la inmensidad de ellas que permanecían ocultas en un anonimato inmerecido, y que ahora voy descubriendo poco a poco gracias a las páginas de arte que frecuento.

Algo parecido me pasó cuando estudié Filología Hispánica, entre 1979 y 1984, porque los programas no incluían a ninguna filóloga ni escritora, salvo Rosalía, por supuesto, y Teresa de Jesús, a quien sólo se hacía referencia. Me siento afortunada de vivir en una época que se abre a la historia del arte, la literatura y otras disciplinas y trata de reivindicar el valor de lo olvidado, o lo oculto.

Afortunadamente, ahora hay mucho material disponible en ambas facetas, y aunque todo se puede mejorar, es maravilloso saber de su existencia. También es maravilloso (quizás aún más) saber que hubo astrónomas, biólogas, zoólogas, botánicas, matemáticas, deportistas, científicas, músicas, fotógrafas y una larga lista de otras mujeres expertas en temas que hasta hace poco parecían exclusivos de los hombres.

La explicación, lo sé ahora, está en una civilización que no le dio importancia a las contribuciones de las mujeres en ningún campo, cegada por una forma de ver la vida poco objetiva y muy sexista. Cuando era joven estas injusticias me hacían hervir de ira. Con el tiempo me di cuenta de que el cambio social es muy lento, tanto que pensé que mis ojos no llegarían a ver el principio del fin de esa tremenda discriminación histórica. No sé si estoy viviendo ese momento, pero me siento feliz de ir descubriendo paso a paso que otro mundo es posible. Pese a quien pese.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.